A Graxa Gayoso Castro é pioneira na posta en valor das razas de vaca autóctona galega. Desenvolve dende hai anos un inxente labor para a protección e recuperación de especies en perigo de extinción.
Tradición e vangarda únense no Centro de Artesanía e Deseño para aportar ó mundo a diferenza da creación lucense. É único entre os centros homólogos de España, pola súa estrutura, contido e programación continua.
Apoiar ós empresarios da provincia, acadar máis competitividade e impulsar iniciativas emprendedoras son os obxectivos de Innova Empresa. Trátase do primeiro centro de asesoramento especializado en novas tecnoloxías.